Etiquetas

25 diciembre 2022

AS MULLERES DO BELÉN DE BALTAR

 

Unha pode quedar observando o Belén do escultor Baltar horas e horas pois é unha inmersión ás raíces galegas, aos tempos dun Ourense xa remoto. En efecto, os tempos cambiaron pero revisando estas escenas séntese a nostalxia do noso pasado. Alí están as mulleres na fonte, as mulleres na horta, as mulleres na casa, as mulleres leiteiras, as mulleres castañeiras, as mulleres lavando...son as ourensás que nos precederon. Mulleres traballadoras que nos foron erguendo.

As súas facianas redondas, de ollos vivos, de bocas abertas e grosos beizos, miran ao ceo, quen sabe se procurando un futuro que xa é presente para nós. 

Fitemos tamén as mulleres de agora esa vista no futuro, na procura dunha maior convivencia e igualdade, para que sexa un pronto presente para a nosa descendencia.

Bon Nadal 

Felices Festas 

(Fonte: Vida gallega , xuño de 1911, p. 30. Galiciana)