(Entrada publicada no libro O rueiro que queremos feminino e plural.)
Esperanza Martín Borrajo naceu en Xunqueira de Ambía o 24 decembro de 1927. Foi unha pioneira do movemento veciñal en Ourense e unha muller que loitou polos máis desfavorecidos.Saíu aos nove anos de Xunqueira e residiu en diferentes lugares. Vivíu os horrores da guerra, da que dixo sempre que quería esquecerse. Tamén estudou no Instituto Provincial, pois quería ser mestra, pero non rematou o bacharelato. Ao fin, chegados os anos sesenta do século pasado foi residir ao barrio de Covadonga e alí comezou a traballar coas mulleres e veciñas incentivando actividades para a súa formación e ocupación. Por tal motivo, en 1975 nomeárona Presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Xesta de Covadonga, un cargo que, dado o seu carisma e traballo constante, aínda mantén na actualidade.
Todo o seu periplo veciñal comezou cando a ela lle concederon unha vivenda social e veu de Madrid a Ourense. De cando chegou ao barrio dixo: “Lloré mucho, porque yo venía de un ambiente de comodidades porque mi familia tenía posibilidades económicas”[1]. Sen dúbida impactoulle o abandono do lugar: “Recuerdo que cuando llegué no había local, había tres edificios construídos sobre tierras movedizas, dos se derrumbaron. Fueron comienzos duros”[2]. Comezan as primeiras dificultades e problemas cando o representante municipal quería cobrar aos veciños as bombillas públicas que non se instalaran. A situación causou bastante malestar entre os veciños, encabezados por Esperanza, que se encamiñaron ao Concello para falar co Alcalde Riestra París. Ese primeiro encontro deu lugar a que o propio alcalde manifestara que Esperanza debía ser a primeira Pedánea designada polo Concello; os veciños tomaron a palabra e non o dubidaron e, en efecto, Esperanza converteuse en pedánea.
En 1977, foi nomeada Alcaldesa Pedánea dos barrios de Covadonga, Eirás, Montarín e Guizamonde. Nestes primeiros anos da democracia e cando aínda era difícil que os veciños e veciñas se organizasen polo ben dos seus barrios, Esperanza, co seu “bo facer” e porque consideraba que na base da democracia estaba a participación cidadá, comezou a exercer un labor intenso cuns obxectivos claros e principais como era mellorar as infraestruturas e servizos dos barrios e axudar aos veciños e veciñas que tiñan menos recursos.
O cargo compaxinábao coa súa vida familiar. Ela estaba casada e tiña dous fillos e debía coidar do seu home que estaba delicado de saúde. Finalmente enviuvou aos trinta e catro anos pero traballou arreo para sacar á familia adiante. Esperanza traballaba na casa facendo tarefas de encargo como bordadora e tecedora para tendas como a de Primor de Ourense. Mais ela estaba acostumada a loitar na vida e por iso soubo levar sobre os seus ombreiros o cargo que lle designou a veciñanza e comezou a traballar sen descanso polo que ela cría e consideraba xusto. Un labor duro, intenso e de vocación e totalmente altruísta.
Esperanza comezou a ser unha persoa de referencia para o barrio pois estaba presente alí onde era preciso e porque procuraba buscar solucións a todas as demandas que se propuñan. Cando desapareceu a figura de “pedáneos” as xentes consideraron que ela tiña que seguir á cabeza da veciñanza e, por tal motivo, nomeárona Presidenta da Asociación de Veciños de Covadonga e nesta misión continuou dignificando o barrio que, en tempos, era marxinal. Dicía ela: “Llegué a un barrio sin luz, sin agua corriente, si aceras”. “Me dio mucha pena no había agua corriente ni alcantarillado. Tampoco luz en la calle. Eran tantas las necesidades”[3]
A vida de Esperanza centrouse en proporcionar ao barrio de Covadonga a categoría que se merecía e convertelo no que é agora, un barrio bonito. Durante corenta e dous anos a nosa líder veciñal conseguiu numerosos servizos para que o barrio contase con parques, talleres para os veciños e veciñas, colexios e unhas boas rúas. Esperanza, como ela dicía: “Nunca fuí pedir nada para mí, siempre fue para Covadonga”[4] . O barrio sempre tivo unha connotación negativa, era o barrio onde se concentraban as casas sociais e foi un lugar onde se congregou xente procedente de diferentes lugares, étnicas e culturas o que deu lugar a unha falta de integración. Esperanza conseguiu minimizar os problemas e humanizar o barrio buscando sempre que a xente se sentise orgullosa del. No local da asociación organizaba charlas de médicos e avogados para os veciños, organizaba obradoiros de manualidades e clases para adultos para ensinarlles a ler e a escribir, algo do que sentía moi orgullosa xa que ela o vía como unha grande necesidade. Chegou a crear, incluso, un club de loita grecorromana que deu dous campións e recibiría varios premios[5].
Foron corenta e dous anos dedicada ao traballo veciñal e tivo que tratar con catorce alcaldes de diferente ideoloxía pero sempre foi respectada por todos. Pero como ela di, se volvera a nacer, volvería facer o que fixo: “El título que tengo de alcaldesa del barrio de Covadonga irá conmigo hasta la muerte”[6]
Esperanza non foi só a dirixente veciñal máis veterana da cidade, tamén foi unha veterana no altruísmo e no traballo para os demais procurando unha vida máis xusta. Está claro que a felicidade de Esperanza viña por ver feliz á xente. Ela dixo “ver el cariño de tanta gente es el mejor regalo”, sen dúbida para ela era o título máis honroso.
Faleceu en Ourense o 9 de agosto de 2022 aos 95 anos e voces de diferentes cores amosaron o seu pesar pola perda desta muller loitadora.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
[1] Antonio Nepereira, la Voz de Galicia, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2008/04/19/titulo-alcaldesa-barrio-covadonga-ira-conmigo-muerte/0003_6745733.htm consultado o 26 de marzo de 2020; [2] “La lideresa vecinal más veterana busca relevo”, https://www.laregion.es/articulo/ourense/lideresa-vecinal-mas-veterana-busca-relevo/20170715085020723681.html consultado o 26 de marzo 2020; [3] Idem; [4] M.J.Álvarez, “Esperanza Marín Borrajo. Fui la primera alcaldesa pedánea de España”, https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2019/03/08/esperanza-martin-borrajo-primera-alcaldesa/2064889.html consultado o 26 de marzo de 2020; [5] “La lideresa vecinal más veterana busca relevo” , La Región, https://www.laregion.es/articulo/ourense/lideresa-vecinal-mas-veterana-busca-relevo/20170715085020723681.html consultado o día 26 de marzo de 2020; [6] Antonio Nespereira, La Voz de Galicia, https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2008/04/19/titulo-alcaldesa-barrio-covadonga-ira-conmigo-muerte/0003_6745733.htm consultado o 26 de marzo de 2020.