Etiquetas

03 mayo 2012

CALPURNIA ABANA AEBOSO

Calpurnia Abana é a primeira habitante da urbe auriense na época romana da que se teñen achado datos. A inscrición que proba a súa existencia pódese observar na réplica do catro aras votivas, situadas á dereita da antiga Burga de Arriba, fonte de estilo popular do século XVII. O catro aras testemuñan a presenza romana na época, pero destaca a primeira pola esquerda, que ten como obxectivo honorar ás ninfas destas augas e na que aparece o nome deste personaxe.
Só os personaxes que gozaban de gran relevancia pública eran quen de expor os seus nomes nos exvotos e ofrendas aos deuses.
Esta ara de granito foi descuberta en 1802 nunha horta xunto ás Burgas, mediante a apertura de cimentación para reparar o edificio moderno que alí se situaba.