Etiquetas

21 octubre 2022

CONCEPCIÓN GARCÍA CORTÉS

Naceu o 3 de decembro de 1951 en Ourense pero a familia trasladouse a Madrid sendo ela moi pequeniña. Regresou nalgunha ocasión cando tiña dezaseis anos.

É licenciada en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona, os seus primeiros pasos profesionais deunos na Voz do Miño, emisora sindical de Ourense e de aí pasou a Radio Popular no mesmo Ourense.

En 1974 foi fichada por Radio Miramar en Barcelona e a partir dese momento comeza a dedicarse á prensa do corazón e a súa primeira reportaxe publícao en 1976 para a revista Hola. Tamén colaborou na revista Lecturas, na de Papillón, onde foi pioneira ao fotografar o primeiro espido masculino en España, ao actor Joan Llaneras. Máis tarde chamárona da Cadena Catalá e colaborou con Paco Lobatón. Logo pasou á radio COPE.

Compaxinando o seu traballo en radio e prensa, Chelo fixo o seu debut en televisión en 1997 con Jordi González no programa de TV3, aínda que anteriormente xa participara nalgúns programas da televisión de Cataluña. Traballou tamén entre 1998 e 2004 en Antena 3, labor que compaxinou co seu traballo na prensa escrita e tamén na radio. Na actualidade participa en diversos programas de televisión.

Xunto co tamén xornalista Jesús Locampos, escribiu o libro Eu Acuso publicado en 2008 pola editorial Grand Guignol. No libro, a xornalista fai unha autocrítica da prensa do corazón.

Así mesmo, é unha muller que visibiliza a súa homosexualidade nun xeito de normalizar esta orientación sexual.

Vid: Wikipedia