Naceu en
Trives o día 15 de novembro de 1901. Aparece nos rexistros de matrícula do
Instituto ourensán pero non chegou a matricularse e figura no seu expediente
que cursou ditos estudos no Instituto de San Isidro de Madrid pola rama de
Ciencias titulando en 1926. Durante esta etapa residiu na rúa Ataúlfo, número
10 da capital. Posteriormente, matriculouse na Facultade de Ciencias na sección
e Farmacia na Universidade Central e obtivo a titulación en 1930[1].
A continuación comezou a exercer a súa profesión e abriu unha farmacia en
Trives e, posteriormente, abriu outra en Allariz, na que traballou ata xubilarse [2].
[1] Arquivo Histórico Nacional. Universidades. 6001. Exp. 15. [2] Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita. Cid Galante, Rosa María, As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria (1900-1940) (II) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 12, 2004, pags. 73-102. As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I) Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, ISSN 1131-5989, Nº 11, 2003, pags. 139-156. Fleire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2016, p., 243. (Foto extraída de Fleire Quintas; “Montederramo”. ( 16 de xullo de 1930). Galicia, p. 3; “Notas de sociedade” ( 21 de setembro de 1926). El Pueblo Gallego, p. 13.