Etiquetas

06 marzo 2022

OURENSÁS CONTRA A CELULOSA



Outro dos feitos no que as mulleres ourensás tiveron algo que dicir e foron quen de mobilizarse foi o asunto da celulosa. Un feito que vén moi ben para a ocasión da celebración do 8 de marzo, día da muller, xa que é o día de demostrar que NÓS tamén CONTAMOS na historia.

Temos que situarnos no ano 1975, ano no que se planteaba a implantación dunha Celulosa en Ourense, noticia e feito que suscitou unha forte tensión na cidade, tal como chegou a recoñecer o entón Delegado Provincial de Sindicatos, Señor Ramos Sánchez. Cando a noticia de que  ía implantarse a fábrica de papel saltou aos medios, vivíronse momentos de tensión pois a postura da cidadanía era rotundamente contraria á instalación, tal como recollía La Voz de Galicia:


As mobilizacións foron intensas na capital e tamén no Barco de Valdeorras. 

As nosas mulleres tiveron algo que dicir, manifestáronse en primeira liña e ademais asinaron máis de 500 mulleres, sinaturas que enviaron ao Gobernador, para pedir a anulación do proxecto. Pola rúa as mulleres levaban na solapa das súas chaquetas e abrigos o letreiro "Celulosa NON". Elas eran conscientes de que iso supuña un deterioro do medio ambiente. Ademais animaron a máis xente a protestar. Foi uns días intensos con mesas redondas, coloquios, charlas...para informar e opoñerse á iniciativa. Cerca de dous mil ourensáns escribiron ao Gobernador para rexeitar a Celulosa. As nosas mulleres ourensás, foron protagonistas.

Vid: A voz do pobo : ¡Proletarios de todol-os países unídevos!: Año VII Número 4 - 1975 febrero 18
La Voz de Galicia