Etiquetas

03 octubre 2021

CARMEN SOMOZA PATO


Carmen Somoza Pato naceu en Ourense o 22 de decembro de 1914.
 Era filla de Joaquín Somoza Hermida, natural de Velle, de profesión labrador e de Dolores Pato Cebreiros tamén de Velle. 

Carmen fixo os estudos de Maxisterio entre os anos 1929 e 1933 e obtivo en practicamente todas as materias dos cursos a cualificación de sobresaliente. Unha vez rematados expediu o título o1 de xuño de 1933.Fixo estudos de Maxisterio e, unha vez rematados e realizados os Cursiños, en 1934 adxudicóuselle a praza de párvulos en Xinzo da Limia. Como moitos docentes, a Carmen tamén se lle abriría un expediente de depuración sendo sancionada de emprego e soldo ata que no ano 1942 confírmaselle o seu cargo de mestra na Merca.

Sendo alumna da Normal colaborou no n. 123 (1934) da revista Nós na sección "Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza". Escribiu o conto "Venancio das Pitas" no que conta que un preso de Celanova de alcume "As pitas" díxolle ao carcereiro que o deixara saír ás doce da noite que viría para o cárcere moi cedo. O carcereiro díxolle que no podía facer iso. Entón o preso aseguroulle que se o deixaba saír volvería ás catro da mañá con seis mil pesetas e daríalle dúas mil. O carcereiro preguntoulle a quen ía roubar ao que contestou o preso que ao cura de Mourillós. Entón deixouno saír e, efectivamente, voltou ás catro da mañá. Pero ao día seguinte o cura foi dar razón do roubo e insistiu que fora o Pitas esixindo que o levaran á celda onde estaba o Pitas. O preso denunciou ao cura e ao final resultou preso o cura e o Pitas saíu do cárcere.

Carmen fai un comentario interesante ao pé de páxina completando a información sobre o Venancio o Pitas no que amosa un punto de vista un tanto amable do personaxe que finalmente logrou reconducirse.
Hai que salientar que Carmen redacta o texto nun galego bastante preciso en forma e fondo.

A historia de Venancio aínda se recolle como conto tradicional de Celanova aínda que modificando algo a versión xa que en vez de roubar ao cura Venancio rouba ao Alcalde do lugar. No seguinte enlace faise referencia á traxectoria de Venancio.





Nós, 15 de marzo de 1934, nº 123
______
Vid: El magisterio español, Número 9308, 26 de xuño de 1934, p 15; El magisterio español, Número 9309, 28 de xuño de 1934.