Haydée naceu no Central Constancia, Encrucijada, Cuba, o 30 de decembro de 1923 e era a maior de cinco irmáns nacidos do matrimonio composto por Benigno Santamaría Pérez, natural de Ribadavia e que emigrara a Cuba a comezos do século XX, e de Joaquina Cuadrado Alonso, natural de Salamanca.
Na escola de primaria o mestre ensinoulle a Yeyé o significado dos apelidos Céspedes, Agramonte, Maceo e, sobre todo, José Martí, todos eles figuras que defendían a liberdade de Cuba.
Rematados os estudos de primaria, Haydée quixo ingresar na Escola de Enfermería pero non chegou a facelo polo ambiente sociopolítico da illa. Entón trasládase a Habana onde se reúne co seu irmán Abel e comeza a sensibilizarse polos problemas sociais que a levan a militar nas Juventudes Ortodoxas, un partido fundado en 1947 por Eduardo Chibás. Era un partido primordial antes da Revolución cubana e que tiña como símbolo unha vasoira para "varrer" toda a corrupción da política e como principio esencial o de liberar a Cuba de todo imperialismo.
Cando foi o golpe de estado de Batista en 1952 Haydée e o seu irmán Abel xunto con outros compañeiros revolucionarios comezaron a editar periódicos clandestinos coa intención de axitar á sociedade contra o novo réxime. Logo coñeceu a Fidel Castro integrándose no movemento revolucionario Generación do Centenario formando parte do Movemento Femenino Cubano.
Haydée participou no asalto do Cuartel de Moncada e realizará labores de auxiliar de enfermería xunto a Melba Hernández para atender a todos os feridos. O asalto estaba organizado e dirixido por Fidel Castro pero, foi un fracaso e a orden do Ditador foi a de eliminar a dez revolucionarios por cada soldado do réxime morto en combate. Foron asasinados a maior parte dos asaltantes e os que sobreviviron acabaron sendo detidos e condeados a prisión.
Haydée caeu prisioneira e para sonsacarlle información dixéronlle que o seu irmán e o seu noivo Boris Luis foran torturados (incluso lle ensinaron un ollo de Abel e parte dos xenitais de Boris) pero non dixo absolutamente nada, simplemente pronunciou as seguintes palabras: "morir por la patria es vivir". Un feito que deu lugar a que o propio Fidel enxalzara a figura de Haydée indicando que nunca fora posto en tal alto heroísmo o nome dunha muller cubana.
Yeyé foi trasladada a un cárcere en Guanajay sendo considerada presa política polo que durante o seu encerro puido recibir visitas. Foi posta en liberdade o 20 de febreiro de 1954 e ao saír do cárcere estaban agardándo por ela os seus pais e irmáns.
Pero Haydée non parou nas súas ansias revolucionarias e de alí a pouco comezou a editar un novo manifesto titulado "A Cuba que sufre" onde Fidel e os seus compañeiros plasmaban o espírito de derrocar a Batista. Haydée, Melba, a súa grande compañeira, e Lidia Castro organizaban e reconstruían as notas do espírito de Moncada que Fidel escribía con zume de limón e conseguía sacar do cárcere. Fidel pedíalles que fixeran os maiores esforzos para imprimir La Historia me absolverá.
Haydée participaría activamente na revolución cubana e Fidel desígnaa delegada do movemento no exilio cuxa finalidade era aglutinar as forzas da revolución. Co triunfo revolucionario traballaría no Ministerio de Educación e posteriormente Fidel confíalle a fundación da Casa de las Américas. Tamén participaría en diversos organismos institucionais.
No ano 1956 casou cun compañeiro da revolución, Armando Hart, e tiveron dous fillos. O matrimonio comezou a administrar un orfanato e acollían a nenos desvalidos. Aos dez anos de matrimonio a parella separouse.
Haydée viña padecendo unha forte depresión xa que fora perdendo moitas amizades no camiño e as marcas e durezas da revolución seguían presentes na súa vida. Esa pena levouna a buscar a morte suicidándose na Habana o 28 de xuño de 1980 cando tiña 57 anos. Tres anos despois da súa morte os seus fillos morreron nun accidente de tráfico.
Fina é unha poetisa cubana que recibiu o premio Nacional de Literatura en 1990; o premio Iberoamericano de Poesía Pablo Neruda en 2007 e o Reina Sofía de Poesía Sudamericana no 2001. O seguinte poema dedicoullo a Haydée Santamaría:
"A una heroína de la Patria"
Pónganle a la suicida una hoja en la sien,
una siempreviva en el hueco del cuello.
Cúbranla con flores, como a Ofelia.
Los que la amaron se han quedado huérfanos.
Cúbranla con la ternura de las lágrimas.
Vuélvanse rocío que refresque su duelo.
Y si la piedad de las flores no bastase
díganle al oído que todo ha sido un sueño.
Ríndanle honores como a una valiente
que perdió sólo su última batalla.
No se quede en su hora inconsolable.
Sus hechos, no vayan al olvido de la yerba.
Que sean recogidos, uno a uno,
allí donde la luz no olvida a sus guerreros.
Ríndanle honores como a una valiente
que perdió sólo su última batalla.
Vid: Santamaría
La Noche, 5 de xaneiro de 1966.