Celsa Pérez Moreiras naceu en León o 25 de decembro de 1912. Foi filla do capitán de infantaría Arturo Pérez González, natural de Ferrol, e de Celsa Moreiras da zona de Canedo, Ourense.
Comezou os estudos secundarios en 1923, con apenas 11 anos, realizou o exame de ingreso no Instituto de Ourense, onde se matriculou en tres materias pola modalidade libre. Tras trasladar o seu expediente ao Instituto de Bilbao, obtivo o título de bacharel en 1928.

Ese mesmo ano iniciou os seus estudos superiores na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. O seu paso polas aulas compostelás foi excepcional, acadando a a máxima cualificación en todas as materias da carreira. En 1932 obtivo a licenciatura e o grao coa nota de sobresaliente. Co obxectivo de continuar a súa especialización, trasladouse á Universidade de Madrid, onde proseguiu a súa formación ata 1935.[1]
O eco dos seus éxitos académicos chegou á prensa da época, que destacaba non só a súa brillantez intelectual senón tamén a súa dedicación: «Con honrosa cualificación de sobresaliente, terminó sus estudios de Farmacia la hermosa señorita Celsa Pérez Moreiras, los cuales siguió con notable aprovechamiento, obteniendo esta nota en todas las asignaturas».[2]
En 1934 foi seleccionada como unha das licenciadas bolseiras para participar na Universidade Internacional de Verán en Santander[3]. Esta prestixiosa intitución, con sede no Palacio da Magdalena, tiña como finalidade reunir a docentes e alumnado de diversos países e disciplinas para fomentar o intercambio de coñecementos a través de conferencias e estadías de investigación.
No plano persoal contraeu matrimonio en outubro de 1938 co avogado madrileño Ignacio Sancho Rocha. Non obstante, esta nova situación non freou a proxección profesional de Celsa. En Madrid, comezou a traballar no Hospital Xeral, baixo a dirección do célebre Doutor Gregrorio Marañón. Froita desta colaboración foron diversas publicacións conxuntas sobre vitaminas e metabolismo muscular.
A súa vinculación coa docencia e a investigación tamén foi notable en Galicia. En 1933 incorpórase ao claustro da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela como axudante de clases prácticas da materia Técnica Física. Colaborou activamente no Instituto de Estudos Rexionais. En 1936 desempeñou o seu labor no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago.
Así mesmo, destacou pola súa vertente científica e investigadora, publicando varios estudos como o traballo realizado xunto ao investigador J.A Collazo, titulado Quimismo Muscular y corthormona.
Celsa foi moi recoñecida e traspasou as fronteiras que limitaban ás mulleres da súa época. Faleceu en Madrid en xullo de 2010.

[1] A.H.U.S., Expediente persoal de Pérez Moreiras, Celsa. Cartapacio 1069. Ex.20; [2] «Noticias», El Compostelano, 3 de xuño de 1932, p. 2; [3] El Compostelano, 9 de xuño de 1934, p. 3; Liste López, Socorro e Pintos Barral, Xoana, "Las primeras docentes de Ciencias en la Universidad de Santiago", Santiago, Consello da Cultura.