Etiquetas

12 junio 2026

UN AGASALLO QUE RECIBO CON MOITO AGRADECEMENTO

 Hoxe, venres, día 12 de xuño acaban de facerme un agasallo Lara Beli, escritora ourensán que figura neste blog, e a súa familia, para min, moi valioso. Trátase do libro "Libre es mi corazón", novela que relata a vida de Rosalía de Castro. Sabía dela e sei que está moi documentada. Lereina con grande entusiasmo e desde aquí quero manifestar eu meu enorme agradecemento. Un libro é un tesouro. Un pracer e unha honra.

Lara Beli é ourensá de nacemento e é licenciada en Dereito e Periodismo pero xa leva escritas varias novelas nas que deixa patente a súa capacidade narrativa así como a sustentación nunha documentación que fai que non deixe ao chou o argumento. Sen dúbida, esta que se me entrega é unha mostra disto que afirmo.

Unha aperta e grazas por traerme a Rosalía de Castro, a miña enorme admirada. Novela dunha grande muller sobre outra grande muller.