Unha muller cun gran cúmulo de investigacións entre as que destaca o estudo das leis hiperbólicas que ten aplicacións nos comportamentos dos movementos líquidos como os ríos, mares e, incluso, o sanguíneo. Dirixiu investigacións no Centro Tecnolóxico do Mar e Reganosa. Na actualidade participa no Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia.
Participou en proxectos tanto estatais como internacionais pero non esquece a docencia e actualmente é a coordinadora do máster en Matemática industrial.
Por toda a súa traxectoria concedéuselle o premio María Josefa Wonenburger.
Pero, a parte de demostrar por obra que as mulleres acadan altas metas como ela mesma as conseguiu, tamén se amosa preocupada por resaltar o papel das mulleres na docencia e ten publicado unha investigación titulada As mulleres no sistema educativo de Galicia: situación actual , publicado con Isabel Diz Otero, Marta Irene Lois González e Alba Alonso.
Vid: Wikipedia e La Voz de Galicia