E ten que ser así pois as mulleres nunca estiveron ao marxe dos procesos históricos, pola contra, foron esa retagarda que sufriu e viviu física e psicoloxicamente calquera feito e acontecemento. A maior das veces considerada retraída pero non por iso menos valerosa e protagonista.
Quero resaltar hoxe unha páxina moi interesante do investigador e historiador Edelmiro Martínez Cerredelo, natural de Xinzo da Limia, pois entre as súas publicacións destaco a que aborda a represión ás mulleres limiás que considero moi importante pois resalta á vista que as mulleres, ao fin, acaban sendo vítimas dolorosas das guerras que o mundo masculino fabrica. Para coñecer a traxectoria destas mulleres clicar no seguinte enlace:
MEMORIA HISTÓRICA DOUTRAS MULLERES REPRESALIADAS NA LIMIA(1936-1950)