Etiquetas

05 octubre 2022

REMEDIOS DORRÍO VILLAR

Naceu en 1893 e estudou a carreira de maxisterio como tantas outras mulleres ourensás xa que realizar estes estudos non significaba ser xulgadas pola sociedade por querer desempeñar a profesión de mestras. Rematou a carreira en 1931 e no 1935 presentouse aos cursiños de selección profesional do maxisterio. 

Déronlle praza na escola de Bustelo de Veiga, en Xunqueira de Ambía. Pero en 1939 comezou a ser vixiada e reclamada pola Comisión de Depuración que, finalmente, se levaría a efecto o 24 de abril de 1940 cando foi inhabilitada para o desempeño de escolas sospeitosa de "socialista".

Unha mostra máis da persecución á que estivo sometida o maxisterio coa chegada da ditadura. Quedar inhabilitado significaba perder para sempre dereito de volver exercer a docencia. 

(Elaboración propia a partir de fontes diversas) Vid: La Región, 6 de decembro de 1934, p. 3; 6 de agosto de 1935, p. 3; 8 de maio de 1940, p. 3).