Naceu en Ourense o 6 de marzo de 1902 e era filla de Salvador Padilla de Vicente, Catedrático de Latín e Lengua e pedagogo que foi director do Instituto ourensán, e de Asunción García e a súa irmá era Carmen Padilla que tamén figura no blog.
O 10 de xuño de 1918, aos 16 anos, realizou o exame de ingreso no Instituto Xeral e Técnico de Ourense. Matriculouse por libre nos seis cursos e acadou vinteún sobresalientes dos que dezanove foron con premio e matrícula de honra. Un expediente brillante como tamén fora o da súa irmá Carmen.
O 30 de setembro de 1926 expediu o título de bacharelato e ese mesmo ano matricúlase na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago, tiña Encarnación 24 anos, pero tan só realiza un curso. O 31 de agosto de 1928 solicitou o certificado para a Escola Normal de Ourense.