En 1934 casou con Gumersindo Fernández pertencente a unha familia recoñecida de Maside.
Con arranxo ao disposto no decreto número 66 de 8 de novembro de 1936, Agar foi proposta pola Comisión Superior Ditiminadora de Expedientes de Depuración para inhabilitala para o desempeño de escolas durante un período dun mes e para el exercicio de cargos directivos e de confianza en institucións culturais y do ensino. Non sabemos cales foron os cargos que se lle incoaron para chegar a sancionala. En 1940 solicitou acceder á interinidades e adxudicáronlle a escola de Hermida en Viana do Bolo, unha remota escoliña de difícil desempeño nas montañas orientais de Ourense. Exercer o maxisterio nestes tempos entrañaba un grande sacrificio e, como sabemos, a maior parte dos docentes eran mulleres das que non se pon en dúbida a súa vocación e entrega para traballar en lugares tan afastados sen poder ver á súa familia ata os días de vacacións e cobrando uns soldos miserentos. De aí o valor que lle outorgo a todas as nosas mestras.
(1)Segundo consulta do seu expediente académico revisado para Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento. Tamén hemeroteca.