Carmen Doval era filla do afamado político galego de Noia, jurista e criminalista galego Don Gerardo Doval que fora ilustre alumno da Universidade de Santiago e que faleceu en Madrid en 1940.
Carmen naceu en Madrid en 1894. Comezou os estudos de Químicas na Facultade de Ciencias e Medicina na Univesidade de Valencia e aos dezasete anos emprende os estudos de Farmacia en Madrid. En 1920 Carmen rematou os estudos de Farmacia cun excelente expediente.
Casou en Madrid en 1922 co avogado Don Luis Barrena y Alonso Ojeda e tiveron cinco fillos e a familia era asidua a veranear en Muros. Luís en tempos da Guerra Civil foi paseado por un grupo de falanxistas na noite do 21 de agosto de 1936 e ao día seguinte apareceu morto en Outes con dous tiros na cabeza.
(Fonte: El Norte de Galicia, 2 de xullo de 1920, p. 3. Galiciana)
Carmen tivo que saír adiante cos seus fillos e é entón cando inscribe no Colexio de Farmacia en 1945 e é entón cando abre a súa farmacia en Castro Caldelas na que traballará ata a súa xubilación.
Vid: El Compostelano, 7 de xaneiro de 1922; El norte de Galicia, 2 de xullo de 1920; Fleire Quintas, Laura, Aportación a la historia de la farmacia en la provincia de Orense, Tesis Doctoral presentada en la Universidad Complutense de Madrid. 2016, p. 208. Foto de extraída de Fleire Quintas; Sánchez Durá, Dolores e Verdugo Martí, Vicenta, El acceso de las mujeres a la Universidad de Valencia (1910-1960), Valencia, 2011, p. 2 e 42.