Presentouse ás oposicións para catedrática adxunta e sacou o número un e en 1944 conseguiu ser o número tres nas oposicións a Catedrática de Física e Química celebradas en Madrid. Exerceu un tempo de catedrática numeraria de Física e Química no Instituto Provincial de Ourense. No ano 1948 obtivo a praza de profesora de matemáticas na Escola Normal de Maxisterio (sección de mestras) de Tetuán. Dous anos máis tarde, en 1950, foi nomeada Catedrática de Física e Química no Instituto Hispano Marroquí de Tetuán e tamén obtivo o cargo no centro de Xefa de Estudos. Foi unha muller de fonda formación cultural e intelectual como chegaría a demostrar nas interesantes conferencias que impartiu.
As conferencias en Tetuán eran impartidas na Escola de Maxisterio da cidade ou na Aula de Cultura daquela cidade. En 1948 pronunciou dúas conferencias que tiveron non só éxito senón tamén relevancia temática. A primeira levaba o título "Fundamento científico da Bomba Atómica", un tema acometido por primeira vez por unha muller e na que deu mostras dos seus coñecementos matemáticos. A segunda conferencia impartida ese mesmo día versou sobre "Aplicacións da enerxía atómica". O intereseque suscitaron ditas intervencións deu lugar a que acudisen a escoitala un gran número de asistentes polo que tiveron que abrise as portas da sala chegándose a ocupar o claustro do centro.
Noutra das conferencias pronunciadas en xuño de 1950 disertou sobre "Fuentes de luz" na que fixo un repaso histórico sobre o problema do alumeado a través dos tempos. Como reflectíu a prensa do momento "La conferencia, como todas las suyas, tuvo gran transcendencia, reflejándose en el espacio que a su comentario dedicaron los periódicos. Por tratarse de una orensana trasladamos la noticia a nuestros lectores..." (La Región, 26 de xuño de 1950, p. 4).
Maruja Bouzo casou co capitán do exército Mariano Muñoz Conde e tiveron un fillo que foi bautizado na nosa cidade.
Rexistro da propiedade intelectual