Etiquetas

17 octubre 2021

As obreiras de Ourense protestan contra as reformas de Canalejas


En xuño de 1910  trescentas obreiras ourensás  asinan un manifesto de protesta polas medidas reformadoras que quere aplicar o goberno de José Canalejas no referente á cuestión relixiosa. José Canalejas, un político que quería modernizar España, tiña como obxectivo "desclericalizar" o país, isto é, separar Estado-Igrexa. Malia ser un home de convicións relixiosas, consideraba que o problema radicaba na excesiva influencia que exercía o clero na sociedade e na política, polo que tomou a decisión de limitar o asentamento das órdenes relixisas en España. 

Esta medida provocaría unha reacción inmediata na sociedade española e sobre todo ourensá, de crenzas fortes e estreitas co catolicismo. Entre estas protestas cabe destacar na nosa provincia as levadas a cabo polas "obreiras ourensás"  moi vinculadas e militantes do catolicismo. 

As mulleres ourensás e, en xeral, a sociedade da nosa provincia  era moi tradicional, conservadora e católica, polo que as medidas reformistas eran bastante mal aceptadas. Cando José Canalejas quere levar a cabo a separación de Igrexa e Estado, pouco tardaron as ourensás en apoiar as protestas que desde o cabildo ourensá se manifestaron e así o recolleu a prensa do momento:

"Protesta de las obreras orensanas:

Excmo Sr. D. José Canalejas.- Las obreras de Orense que como tales no se remontan a elevadas filosofías, pero sí conocen bien las grandes necesidades morales y materiales del pueblo con el cual están siempre en contacto, han sabido, con sorpresa, que el Gobierno de Canalejas, para abaratar las subsistencias que se venden-como nadie mejor que nosotras sabe- a precio exorbitante, para que no sean engañadas y corrompidas tantas hermanas nuestras obreras y que precisamente para evitar esto tenemos establecido un Sindicato con nuestro centro para cerrar los centros donde se hace propaganda antipatriótica y antimilitarista como sucede en Orense, para matar ese periodismo y pornografía que toda joven obrera hornada y cristiana rechaza con asco; para remediar todos estos males que urgen pronta solución leemos en las homas que nos dan en nuestro centro que se han dado dos reales órdenes con el intento de cerrar, no las casas de prostitución sino los conventos, centros de oración y laboriosidad, y de poner rótulos en otros centros en vez de cerrar las escuelas como la que aquí tenemos.

Estos disparates son tan grandes que sino los leyéramos y oyéramos asegurar que son verdad á personas que nos merecen entero crédito por su ciencia y virtud, creeríamos que nos engañaban, porque no podemos creer estar soñando los que gobiernan á España.

Unen pues estas obreras honradas y cristianas esta protesta a todas las que de todos los puntos de España se dirigen al Sr. Canalejas.

En nombre de 300 obreras, Inés Lemos.

(La Región, 29 de xuño de 1910, p. 1)

_____________

Vid: Para afondar na sociedade e consideración da muller ourensá de comezos de século vid: Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, Entre a tradicióne o cambio en Galicia, Deputación de Ourense, Ourense, 2011.

Ilustración La Región, 3 de novembro de 1910. É moi interesante como reflicte a viñeta as políticas de Canalejas, representando no home con chisteira e do ganchete con España. Lembremos que dez días despois desta publicación, José Canalejas sería asasinado por un anarquista, Manuel Pardiñas, que tamén remataría suicidándose, véndose acorralado pola policía.