As mulleres ourensás, malia estar educadas para seren dóciles e seguir os preceptos patriarcais, foron quen de encararse cando eran presas das inxustizas. Tal foi o caso das mulleres de Ribadavia que outubro de 1889 se amotinaron no Concello para protestar polo arriendo dos consumos. O caso é que o imposto a consumos supuña gravar os prezos dos alimentos máis esenciais e as mulleres non estaban dispostas a soportalo. Era un imposto indirecto establecido en España no século XIX e vixente ata 1920 e que trouxo consigo un gran malestar e foi motivo de moitas protestas. Pois ben, en Ribadavia, cando o alcalde se dispuña a debater no pleno o asunto do imposto dos consumos, un grupo de mulleres fóronse xuntando na praza e comezaron a proferir en altiva voz frases de protesta. Non conformes co iso, chegaron a asaltar a Casa Consistorial presentándose en tropel no salón de sesións. O Alcalde pretendeu animalas a disolver a protesta prometendo que non se ía tomar medidas que prexudicaran os intereses do pobo. Cando o Alcalde se dispuña a abandonar o Concello foi perseguido polas manifestantes a algunhas colleron paus. A pesar da intensa protesta a situación chegou a calmarse.