Etiquetas

04 mayo 2013

MARIA LUZ ÁLVAREZ VÁZQUEZ

Naceu en Ourense no ano 1934. Filla do Tenente Coronel xefe da comandancia da Garda Civil, Alejandro Álvarez Fuente.
Na Escola Normal de Ourense obtivo o título de Mestra de Primeiro Ensino.

Foi docente no Instituto de Santiago Rosalía de Castro entre 1963 e 1967. Desde 1969 exerceu como profesora da Escola de Maxisterio compostelá. No verán de 1970 asistiu a un curso de perfeccionamento do francés como bolseira, organizado pola Facultade de Letras de Niza. No curso 1972-73 fixo un cursiño de especialización para mestres nacionais en exercicio na Escola de Formación do Profesorado.

Desempeñou o cargo de directora da Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela desde maio de 1991 ata decembro dese mesmo ano.

Vid: Méndez Lois, Mª José (Coord.), Mulleres na Educación en Galicia, MUPEGA, Xunta de Galicia, 2009, 42. Completouse a información coa revisión de hemeroteca.