Neste blog non deixamos de mencionar, pois consideramos que é meritorio, a aquelas mulleres que, sen nacer en Ourense, teñen as súas raíces aquí. e, sen dúbida, a súa historia vital pasa pola nosa provincia. Xa mencionamos a varias mulleres cuxa familia era oriúnda destas terras ourensás. Neste caso é moi interesante que se mencione a Silvia Pérez Cruz e estamos seguros que se sentirá moi honrada.
Silvia naceu en Girona no ano 1983. É neta de ourensás, concretamente, os seus avós eran de Correchouso e di textualmente:
"En mi casa se conservó durante toda la vida la costumbre de comer pulpo con cachelos en Navidad y he viajado algunas vacaciones a la aldea. Mantengo una conexión muy fuerte con Galicia y he cantado en gallego..."
Dende nena estuda solfexo, piano clásico e saxo clásico e licénciase en canto-jazz pola ESMUC. Comezou a súa traxectoria musical formando o grupo Las Migas pero logo comeza a súa carreira en solitario.
O seu estilo é moi ecléctico cun gran dominio da voz.
Silvia Cruz
La Voz de Galicia