Josefa Segovia Morón (Xaén, 1881-Madrid, 1957) Foi cofundadora
co Pai Poveda da Institución Teresiana, da que foi a súa primeira Directora
Xeral. Realizou os seus estudos de
Maxisterio entre 1904 e 1909 e, en 1911, iniciou os estudos na Escola Superior
de Maxisterio de Madrid. Dous anos despois xa é coñecida do Pai Poveda, que a
nomeou directora da Academia para Normalistas que tiña a Institución. Tras
obter a súa titulación foi profesora na Escola Normal de Ourense en 1915 onde impartiu Pedagoxía, Historia e Rudimentos de Dereito e Lexislación (1).
En Xaén, desde 1918 a 1923, foi Inspectora de Primeiro
Ensino. Promoveu a orientación de mestres e distintas actividades escolares,
cantinas, bibliotecas, mutualidades escolares e formou parte da Xunta
Provincial de Alfabetización. En 1919 asumiu a Dirección do Instituto
Teresiano. En 1923 viaxou a Roma para solicitar a aprobación pontificia da
Institución, que obtivo en xaneiro do ano seguinte. Participou en congresos por
toda España e á morte de Poveda, en 1936, asumiu total e definitivamente o
goberno da Institución. Viaxou por todo o mundo para implantar a obra.
(1) Por Real Ordel do 20 de
marzo de 1915 foi nomeada Dona Josefa
Segovia Morón para a Escola Normal de Ourense de Pedagoxía, Historia e Rudimentos de Dereito e Lexislación
escolar que logo sería substituída por Dona Sara Ferández Gómez. Vid: Cid Galante, Rosa María, Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970). As súas orixes e os seus emprazamentos. Vigo, Universidade de Vigo. 2013.