Era de Casaio e estaba casada. Segundo os artigos 45 e 46 da Lei do 9 de febreiro de 1939 faise saber que, por aparecer indicios de responsabilidade política, se lle incoou expediente de responsabilidade. Así mesmo debían prestar declaración cantas persoas tivesen coñecemento da conduta política e social da inculpada, antes ou despois da iniciación do Movemento Nacional, así como indicar a existencia de bens. Foi xulgada en 1943 no Barco de Valdeorras polo Xuíz Francisco de la Barrera.
A súa irmá
Clotilde tamén sufríu a persecución e a encarceración na prisión de Astorga. Sería sobreseída en xuño de 1943.
(Fonte: Expediente de Responsabilidades políticas. ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.2.1.//7210/06. Caixa 7210/06)
Vid: Expediente de Responsabilidades políticas. ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.2.1.//7210/06. Caixa 7210/06; BOE U, nº 14, 1943, p. 1547; José Antonio Gurriarán, As mulleres do monte, editorial Galaxia e editado en 2015.