Estivo na prisión de Mulleres de Astorga onde a alimentación era escasa e mala o que daba lugar a aparición de enfermidades e debilitamento das reclusas e en, en concreto, Clotilde colleu no cárcere un forte catarro bronquial que foi tratado polo médico da prisión, Doutor Botas, con ampollas broncoquialisterina.
Estaba casada con Lázaro Arias Rodríguez e tiveron un fillo chamado José Luís Arias Valle. Clotilde faleceu no Barco de Valdeorras o 11 de febreiro de 2017 cando tiña 94 anos. Sería sobreseída en xuño de 1943.
(Fonte: Expediente de Responsabilidades políticas. ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.2.1.//7210/06. Caixa 7210/06)
Vid: Expediente de Responsabilidades políticas. ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.2.1.//7210/06. Caixa 7210/06; BOE U, nº 14, 1943, p. 1547; El Bierzo Digital; Beatriz García Prieto, "La invisibilización de la Prisión de Mujeres de Astorga: desde la dictadura franquista a nuestros días",