Etiquetas

20 marzo 2012

DOLORES RITA GONZÁLEZ BOUZAS

Naceu en Allariz o 1 de abril de 1918. O seu pai era Manuel González Pérez, natural e residente de Allariz e de profesión comerciante e de Irene Bouzas Alonso.

Cursou estudos de bacharelato no Instituto ourensán desde 1932 ata 1936. 

No ano 1939 ingresou na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago, cando tiña 21 anos. Estudou pola opción oficial e licenciouse en 1944. Colexiouse en Farmacia co número 94 e rexentou un establecemento farmacéutico en Allariz. 

Faleceu na súa vila natal o 23 de abril de 2015, tiña 97 anos.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), Tese de doutoramento, Universidade de Vigo, 2006; Freire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p.230.
(Foto extraída de Freire Quintas).