
En 1915 realizou o exame de ingreso no Instituto Xeral e Técnico de Ourense e alí estudou os seis anos de bacharelato, desde 1916 ata 1922, obtendo un brillantísimo expediente (en varias materias acadou o premio extraordinario) e o 2 de setembro de 1922 realizou a expedición do título e o Certificado para a Universidade de Santiago. As súas irmás Margarita e Acacia tamén estiveron rexistradas no instituto.
Paz trasládase a Santiago para realizar os estudos de mediciña. Alí estará tres cursos nos que acada a máxima cualificación para, finalmente, solicitar traslado a Madrid onde remata a carreira licenciándose no ano 1929. Ese mesmo ano casa co pediatra Julio Freijanes Malingre. Contraen matrinonio na Capela de María Auxiliadora de Salesianos o 24 de setembro
Comeza a traballar en Mérida xunto ao seu marido, logo trasládanse a Lugo pero nuns anos volven a Ourense e Paz entra a traballar na sección de Análises.
O matrimonio tiña tamén unha consulta na Alameda, 4, primeiro piso.
Paz dedicouse á súa profesión ata 1969.
Paz dedicouse á súa profesión ata 1969.
(Fonte: Auriensis. Ilustre Colexio Oficial de Médicos de Ourense. nº 24, xuño 2005, p. 12. Homenaxe que se lle fixo a Paz Parada polo seu Centenario e por ser a primeira médica colexiada en Ourense.)
(Elaboración propia)
Vid: Cid Galante, Rosa María, "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria" (I e II) en Minius, nº XI-XII, 2003, 2004; La Región, 24 de setembro de 1929; Heraldo de Zamora, 1 de xuño de 1915; 15 de setembro de 1948.; Heraldo de Zamora, 2 de xuño de 1915; El magisterio español : Revista General de la Enseñanza, 22 de xullo de 1916.Foto: cedida pola súa filla Inés Freijanes.