Etiquetas

01 junio 2010

ROSARIO DUEÑAS

Naceu en Ourense en 1960 e obtivo importantes marcas en natación. Foi tamén monitora deste deporte e participou en numerosos campionatos.

A ourensá Rosario Dueñas ía para nadadora olímpica cun brilante palmarés. Días antes de acudir a unha competición a Barcelona sufríu nun accidente doméstico queimaduras de terceiro grao que a fixeron retirarse, de forma prematura, da vida deportiva. 

A piscina do Pavillón Municipal leva o nome de Rosario Dueñas na súa honra. Tras o accidente a súa vida cambio radicalmente e agora leva máis dunha década de traballo na loita contra a pobreza e a miseria. 

En 1991visitou por pracer Kenia e viviu moi de preto as desgrazas do Terceiro Mundo , a partir de entón, a súa vida deu un xiro radical. As comodidades das que gozaba deron paso ao comezo dun periplo solidario que a levou por Africa, Filipinase Calcula, traballando con Teresa de Calcuta. Hoxe segueao pé do canón axudando aoscolectivos desfavorecidos.

Actualmente vive en Madrid onde é voluntaria da Onegué Misión América e tamén é membro dunha parroquia onde fai visitas aos enfermos.

Unha campiona non só no deportivo tamén no aspecto vital, ético e humano.  

Vid: http://www.voluntariadogalego.org/upload/des/75-d-la_region180107.pdf Castro, X.R., "El deporte", Ourense en el siglo XX, La Voz de Galicia, p. 196; El Pueblo Gallego, 12 de xuño de 1977, p. 18; El Pueblo Gallego, 8 de agosto de 1978, p. 18;https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2021/05/26/rosario-duenas-nadadora-misionera-teresa-calcuta-afortunada-tenido-dos-vidas/00031622050034422577970.htm