Etiquetas

28 noviembre 2021

Mulleres solidarias


En xaneiro de 1930 houbo un suceso tráxico en Bouzas que causou a conmoción en todo Vigo e que se trasladou a toda Galicia. Unha corentena de mariñeiros se afogaron nun accidente. Dos seis barcos que saíron a faenar só volveron catro debido a un fortísimo temporal que causara moitos destrozos incluso no litoral. A última vez que foron vistos foi no Cabo Mondego en Portugal pero logo perdéuselles a vista e os rastreadores non os avistaron máis. Os medios de comunicación comezaron a criticar as condicións laborais dos traballadores do mar. O impacto que suscitou fixo que en marzo de 1930 se convocara unha grande manifestación en Vigo para recadar cartos e axudar ás viúvas e fillos dos afogados. Esta fotografía amosa a solidariedade das mulleres de Carballiño por esta causa.
___
Vid: La Voz de Galicia
Foto: Vida Gallega, 30 de abril de 1930, p. 20