Este blog forma parte da miña vida desde hai quince anos (aos que habería que engadirlle outros tantos previos ao seu nacemento durante os cales especialiceime no tema). Esta sendo un caderno virtual que enche horas dedicadas a tecer historias das nosas mulleres ourensás. Todas estas mulleres están sendo a miña compaña diaria. Coa disciplina diaria así vai coséndose este caderno con mil fíos de ouro.
Están sendo moitas, moitas as familias que contactan comigo para agradecerme que falara das súas nais, avoas, parentas... e ofrécenme máis datos, información e incluso bonitas fotografías para completar as entradas. Unha xenerosidade que me enche de gratitude.
A todas as persoas que me seguen e están interesadas nestas historias quero transmitirlles o meu agarimo.
As nosas mulleres conforman una grande diversidade social, ideolóxica, profesional, económica...porén todas teñen unha mesma características, ter sido ourensás que principiaron camiños, talvez, sen elas percibilo así. Para min todas teñen o mesmo valor, foron quen de ir facendo unha revolución silenciosa e pacífica nunha cidade tranquila e moi recalcitrante aos cambios. Aínda sí, todas estas donas sumáronse ao grande fluxo de mulleres que estaban a espertar esixindo o respecto á súa valía.
O meu agradecemento inmenso á xente desta cidade e...como non, de todas partes. Desexo que vivamos coa ilusión de chegar a un mundo de igualdade, porque non nos levemos a enganos, somos iguais, somos capaces, somos fortes.
Seguimos na andaina....
