De aí pasou a escoliña de Santa María de Cexo, en Verea, e en 1940 foi sancionada pola Comisión Depuradora do maxisterio cunha inhabilitación por dous anos para dar clases e para o desempeño de cargos directivos, o que se entende como unha sanción bastante contundente supoñendo un duro golpe para a mestra
Dous anos máis tarde, cumprida a sanción, foi para a escola de Paradela en Viana do Bolo. Logo continuou exercendo e tiña a praza na escola de Orille en Verea e, en 1953, na adxudicación provisional das escolas do concurso rural, déronlle a escola mixta de Alvaredos en León.
No ano 1965 estaba separada dos servizos pola afección tuberculosa.
Vid: El magisterio español (1927 Mayo 23), p. 565. Nombramientos de maestras. (1927 xullo 29). El Compostelano, p. 1; Las maestras que ascienden. (1932 novembro 15). Magisterio orensano , p. 4; Sección administrativa Primera Enseñanza. (1943, 9 abril). La Región, p. 2; Relación de maestros de la provincia que han sido sancionados. (1940, 8 maio). La Región, p.3; Adjudicación provisional de las escuelas de concurso rural. (1953, 25 marzo). La Región, p.2; Expedientes de depuración de maestros nacionales (Ministerio de Educación Nacional, Archivo General de la Administración). Signatura: 32/12798 | Santa Mª Cejo (Ourense) | Depuracion (1936-1942); Boletín Oficial del Estado, 2 de agosto de 1965, p. 10879.