Etiquetas

23 marzo 2025

MARÍA DEL CARMEN ELODIA UGÁS Y ÁLVAREZ

O acceso das mulleres á carreira de maxisterio non tivo ningún reproche social dado que a docencia sempre foi ben vista para ser desempeñada por unha muller, aínda que iso suspuxese ir a pobos moi afastados, de moi difícil desempeño, lonxe da súa familia e vivir soas, a máis das veces, en condicións moi paupérrimas.

Un dos primeiros títulos de mestra superior que recibiu o Instituto de Ourense foi o de Carmen Elodia en 1907. Sería, polo tanto, das primeiras mestras que exerceron na nosa provincia a comezos do século XX. Desempeño nada doado tendo en conta as características xeográficas do territorio.

En 1908 foi traballar á escola de Chas, Montederramo, e gañaba 375 pesetas. Ao ano seguinte, en 1909 estaba ocupando a praza de interina na escola de Xermade, Muíños, cun soldo de 500 pesetas.

Por suposto, a mestra debía residir na localidade onde estaba a escola e convivir coas xentes do pobo que, normalmente, apreciaban e tiñan en grande consideración á mestra. 

Pero Carmen estivo sancionada durante tres meses sen emprego e soldo segundo a Real Orden do 23 de xaneiro de 1913 na que se dicía que serían sancionados os docentes que deixaran a súa escola ao cargo de persoal non titulado. Por tal motivo, non se lle permitiu acudir á escola ata pasados os tres meses, incorporarse en xuño dese ano  Dita penalización considerábase relevante e quedaría reflectida no seu expediente. Así mesmo, tamén fan unha amonestación ao presidente da Xunta Local pois este outorgoulle a Carme a licencia de pemiso de xeito verbal. A continuación recóllese o texto literal da sanción:

(Fonte: Noticias e informaciones. Ministerio. El suplemento de la Escuela moderna. (1913, 1 de marzo), nº 1695; p. 430.
Ben é certo, que as dificultades para desempeñar o traballo docente en pobos moi afastados facía que os  mestres e as mestras marchasen e deixasen a escola ao cargo dunha persoa sen titulación. Esta práctica era motivo de delacións por parte das xentes do lugar. O Ministerio de Instrución Pública, creado en 1900 e cunha duración ata a guerra civil, tiña a pretensión de mellorar a situación educativa do país. Primeiro con García Alix e despois con Romanones, pretendeu rexenerar a ensinanza. En 1913, cando foi sancionada Carmen, estaba ao frente do ministerio Antonio López Muñoz.

Vid: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo (1912), Número 16, p. 3; Instrucción ( 1908, 20 setembro), El Miño, p. 1; Instrucción (1907, 1 de maio). El correo de Galicia , p. 2; Ministerio (1913). El magisterio español, Número 4119, p. 12.; Ministerio ( 1913) Suplemento a La Escuela moderna, n.º 1.707, p. 707.