Etiquetas

17 marzo 2025

A IMAXE DA MULLER OURENSÁ DE COMEZOS DE SÉCULO. ENTRE O CONTINUISMO E A RUPTURA

O día 7 de marzo fun invitada polo Ateneo de Ourense para impartir unha charla sobre a muller ourensá. É un tema que teño bastante traballado e quixen centralo na muller do primeiro terzo de século xa que é nese momento cando comezan a espertar novas inquedanzas e as mulleres comezan comezan a ocupar espazos que antes estaban negados.

Incidín nos cambios que comezou a apreciarse no mundo feminino ourensá e insistín en que tamén as nosas mulleres participaron desa primeira onda do feminismo que comezaba a darse en Europa e América. Esa onda na que a muller comeza a querer a igualdade xurídica con respecto aos homes, acceder á educación superior e consecuentemente emanciparse para deixar de ser tutelada. En Ourense foi unha revolución silenciosa e tranquila e cun carácter individual. Non obstante, retomando as palabras das "cartesianistas" seguidoras de Descartes, que dicían en alusión aos esforzos das mulleres para conseguir os seus logros que: foi un exercicio de autorresponsabilidade que puxo en valor a Autonomía intelectual pasando por riba os costumes e tradicións que eran dominios dos homes.

Eu, opino o mesmo, en Ourense, os pasos das nosas ourensás foi un exercicio personal de xeito discreto, e que considero un importante logro para unha pequena cidade de interior.

Desde aquí quero dar as grazas ao Ateneo pola súa invitación. Grazas a Víctor Pérez Baltar, vicepresidente do Ateneo, polo seu interese en que fose dar a charla.