Etiquetas

04 noviembre 2022

ROSA CABO GARCÍA

O meu aprezado amigo Rafael Salgado envioume esta fotografía e, en efecto, eu xa a tiña incorporada nun dos estudos que publiquei, pero non chegara a reseñala aquí, así que aproveito agora o momento para dedicarlle esta entrada agradecendo, como non, o xesto de Rafael.

Rosa era mestra e en 1919 obtivo a praza na escola de Betán en Baños de Molgas onde levou a cabo prácticas educativas novidosas como o coñecemento da contorna. Unha das excursión programadas coa súas alumnas foi a que fixo ás instalacións La Región en marzo de 1925:

Anteayer estuvo en Orense la culta profesora nacional de Baños de Molgas, señorita Rosa Cabo García, a quien acompañaban más de veinte alumnas de su colegio. La visita a Orense obedeció a que la celosa profesora quiso enseñar practicamente a sus alumnas más aventajadas los diversos progresos de la ciencia, artes e industria y para ello visitaron los centros de instrucción, monumentos y diversas industrias, donde las escolares fueron acogidas con singular complacencia.
Por la tarde visitaron los talleres de este diario, recorriendo los diferentes departamentos de composición y máquinas, obsequiándoles como recuerdo de sus visita con libros de cuentos".

Vid: Foto Samaniego. El Eco de Galicia, 27 de setembro de 1925, p. 17; Vid tamén: La Región 14 de marzo de 1925, p. 1; Vida Gallega, 15 de maio de 1925, p. 16.