Etiquetas

27 julio 2022

CATALINA LÓPEZ CID

Destacamos a esta muller, mestra, que foi unha das fundadoras do Grupo Feminino das Mocidades Galeguistas en Ourense e asinante do "Manifesto ás mulleres" do Grupo de ourensás do Partido Galeguista do que tanto temos falado no blog.

Catalina López Cid naceu en Ourense o 8 de agosto de 1910 e era sobriña de Mercedes Cid de Quelle  unha muller culta que tamén contribuíu ao pago da lápida que as mulleres ourensás quixeron poñer á honra de  Filomena Dato. 

Realizou os estudos de  maxisterio e titulou con brillantes cualificacións en 1933 e un dos seus destinos foi a escola de Sobrado.

Catalina estivo baixo a supervisión da superioridade durante a Ditadura e en 1940, cando exercía de mestra na escola de Trives, abríronlle expediente de depuración.  Pero grazas aos informes favorables do alcade, do párroco, da garda civil e dun pai do pobo non foi sancionada e resolveuse o expediente nuns meses, pechándose en abril de 1940. O Comandate Cabo José Uceda dixo: " La maestra unitaria de Sobrado, Doña Catalina López Cid, es persona de intachable conducta moral, social y política..." (1)

Despois pasou a ser mestra na escola de Barbantes en Punxín, e en 1954 tomou posesión na escola de  Parderrubias. De alí a uns anos trasladouse para a escola de Covadonga onde xubilou.

(1)Informe que figura no expediente de depuración. AGA, 32-12-794-099-0002.
Vid: Cid Galante, Rosa María "Grao de Participación da muller ourensá en movementos asociativos e reivindicativos", Revista Minius, 14, 2006, pp. 57-72. Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante, Los expedientes de las estudiantes de bachilleratouna fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930); Historia de la educación: Revista interuniversitaria, ISSN 2386-3846, ISSN-e 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470.