Etiquetas

02 enero 2022

CELSA PORTO ÁLVAREZ

Celsa Porto naceu en Ourense, no propio centro ourensán, no Parque de San Lázaro nunha época onde só había algunhas casas e a igrexa de San Francisco. Nese entorno foi onde desenvolveu a súa infancia alegre dentro dunha familia moi numerosa con dezasete fillos.

Fixo os estudos de bacharelato no Otero Pedrayo e despois matriculouse na Normal de Ourense cando aínda estes estudos estaban na rúa Progreso, preto do Posío. Ela quería ser mestra e, efectivamente, o conseguiu pois gustáballe a ensinanza. Exerceu no Courel, na Anexa, en Borborás.

Pero a máis disto, atreveuse coa política e nos anos setenta converteuse nunha das primeiras concellalas do Concello de Ourense e alí estivo sete anos: «Alguno no me quería, pero me respetaron y pasé siete años felices, haciendo muchas cosas y trabajando con alcaldes como Ricardo Martín Esperanza, Miguel Riestra París, y Vázquez Gulías», dicía ela. Conseguiu 4537 votos polo terzo familiar (segundo o sistema da democracia orgánica): "me ha producido una impresión estupenda esta elección, porque era una ilusión que había tenido siempre y porque un ama de casa debe estar representada en el Ayuntamiento". Además, sinalou no seu momento que agradecía "al pueblo de Orense, sobre todo a las señoras, la confianza que depositaron en mi. Trataré de defenderlas y entregarme totalmente a la tarea que me asignen"

Era unha muller de fortes convicións conservadoras pero ao mesmo tempo, como muller con personalidade, no dubidou en enfrontarse aos compañeiros cando estes quixeron eliminar o lavadeiro das Burgas pois ela dicía que alí ían lavar moitas mulleres a roupa pois non podían facelo na casa.

Celsa era unha muller defensora do tradicional, pois fora formada nuns principios conservadores e respectuosos co réxime da época, como moitas que vían no franquismo un modelo de muller a seguir. No seu papel político quixo contrarrestar ao Movemento Democrático de Mulleres de Ourense pois cando este grupo editou panfletos invitando ás mulleres ourensás a asociarse para tomar parte nas eleccións, Celsa fixo outro tanto coas mulleres que traballaban na Praza de Abastos, xa que daquela era concellala de Abastos, para que votaran a candidatura conservadora levándose un tanto, xa que, finalmente, foi a que gañou.

Así pois, Celsa Porto, muller de carácter e de fortes convicións non tiña freo para levar adiante o que ela consideraba que era un ben para a cidade.

Vid:La Voz de Galicia; La Región; Álvarez Gómez, María Concepción, "La movilización femenina en el Ourense de la transición política a la democracia. El Movimiento Democrático de Mujeres", Nuevos horizontes del pasado. Culturas políticas, identidades y formas de representación: actas del X Congreso de la Asociación de Historia Contemporánea / coord. por Ángeles Barrio Alonso, Jorge de Hoyos Puente, Rebeca Saavedra Arias, 2011, páx. 37.