Estudou para mestra e, animada por Vicente Risco, vai colaborar na revista Nós, concretamente no número 123, na sección "Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza". Presentou un un conto no que fala dun home que era de Navín e que tiña afición pola Astroloxía, pero que a xente do lugar considerábao un pouco estrano aínda que de grande cultura. Nunha ocasión os paisanos querían saber o alcance da cultura deste home e puxeron un papel por debaixo da pedra onde adoitaba a sentarse. Cando o Astrólogo chegou pronunciou unha frase que deixou a todos os homes asombrados. Cando o home morreu deixou uns legaxos onde tiña anotados os seus algoritmos e cálculos matemáticos.
Volve a ser interesante as reflexión que fai a autora ao pé de páxina facendo mención ao matemático e astrólogo Ramón Aller creador de instrumentos de medición e observación celeste.
Revista Nós, 15 de marzo de 1934, ano XVI, nº 123.
En 1934 obtivo a praza de Siabal en Paderne de Allariz, onde exerceu durante moitos anos, só pedindo licencia por un mes debido a unha enfermidade. O 3 de maio de 1940
casa con Luis Fabello Álvarez, un axente comercial de Herederos Severo Fernández, S.L e que faleceu en setembro de 1968 á idade de cincuenta e seis anos.
Dolores Fernando exercería como mestra ata a súa xubilación desempeñando a súa función en diferentes escolas da provincia.
Vid: El Pueblo gallego, 13 de novembro de 1934; 6 de setembro de 1968; La Noche 24 de outubro de 1955.