Etiquetas

02 febrero 2020

INÉS OLLERO

Inés Ollero naceu en 1956, os seus pais eran de Allariz, por iso a traemos aquí, ao noso blog, pois seguro que lle transmitirían o amor pola súa lonxana terra. O pai de Inés, César Ollero, naceu en Saa, Paderne de Allariz, loitou pola causa da República e en 1936 emigrou a Arxentina. Inés, foi unha de tantas desaparecidas na represión Arxentina, unha de tantas, unha galega desaparecida nas causas de lesa humanidade contra a ditadura Arxentina. En 1977 Inés tiña 21 anos e estudaba bioloxía. Militaba na Federación Xuvenil Comunista, era responsable política do barrio de Almagro e cumpría tarefas de responsable de Literatura ao momento da súa desaparición.. O 19 de xullo de 1977 volvía á súa casa dunha reunión cos seus compañeiros no colectivo 187, cando unha pinza militar fixo baixar aos pasaxeiros e levounos á comisaría 49. Inés tiña encima o que nese momento chamábase "literatura extremista". Secostrárona na comisaría. Oito anos despois, en 1985, dous ex detidas-desaparecidas dirían no xuízo aos ex comandantes que viran a Inés con vida na ESMA. Ela segue desaparecida.

Federación de Asociacións Galegas de Bos Aires.

Vid: "Desaparecidos españoles en Argentina" 2010 de Lois Pérez Leira
http://www.desaparecidos.org/arg/victimas/o/ollero/
César Ollero