Vid:Rut Balbis
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
31 enero 2020
RUT BALBIS
Naceu en Ourense en 1979. é licenciada en Actividade Física e do Deporte. Formouse en Danza Contemporánea con Andrés Corchero, con Hisako Horikawa, con Daniel Abreu e Damián Muñoz. Realizou o One Year Certificate londinense en danza contemporánea. Tamén desenvolve labores pedagóxicas na Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña como profesora do grupo de produción de danza e impartiu seminarios e talleres relacionados coa educación física. Creou en 2005 a súa propia compañía de danza chamada "Pisando ovos". Obtivo o premio en 2007 no Certame Coreográfico de Madrid. Pisou os escenarios máis importantes dos festivais nacionais.