Como é habitual, neste blog tamén se fai reseña de
mulleres que, aínda non nacidas en Ourense, os seus pais son ourensás. Este
volve ser outro caso.
Sofía Guadalupe Pérez Casanova, muller de vida
intensa, é escritora e xornalista galega,
nace o 30 de setembro de 1.861 no nº 141 da coruñesa rúa de Espoz e Mina, hoxe
chamada de San Andrés. O seu pai, Vicente Pérez Eguía, litógrafo ourensán,
abandona á súa muller e ao seu tres fillos cando Sofía era moi pequena causando
unha gran inestabilidade económica á súa familia que se ve aliviada pola axuda
financeira proporcionada polo avó ferrolán Juan Bautista Casanova Pla Cancela,
mariño de profesión.
Pasa a súa infancia no Pazo do Home en San Xulián de
Almeiras (A Coruña) e comeza os seus estudos na escola de Dona Concha, estudos
que máis tarde completará no Conservatorio de Madrid, cidade onde fixa a súa
residencia aos 12 anos xa que a súa nai decide trasladarse alí en busca de
mellor fortuna. Na capital de España empeza a estudar poesía e declamación. Á
súa terra natal volverá varias veces para pasar as vacacións de verán en Mera
(A Coruña).
En Madrid enseguida é ben recibida nos círculos
literarios da época despois de ser publicados varios poemas seus no diario Faro
de Vigo. O Marqués de Valmar, verdadeiro mentor de Sofía, faise gran
amigo dela inclinado polo seu gran talento para a poesía.
A través do Marqués é presentada na corte de Alfonso XII,
monarca ao que lle gustaba ouvir declamar aos poetas nos seus salóns. Sofía
ouvirá contar á súa familia anos despois como unha tarde se atopaba ela
recitando ante o Rei cando un uxier anuncioulle a chegada dun importante
ministro ao que o Rei contestou: Que espere o señor ministro. Durante algunhas
destas sesións poéticas, Sofía comparte o seu tempo con outro gran escritor
Bernard Shaw. A edición do seu libro Poesías(1885) foi custeada polo propio
monarca.
Sofía enriquece a súa formación poética e artística
mediante o trato directo coa intelectualidade do momento, asistindo a
faladoiros como as do poeta Campoamor, que lle presentará en 1.886 ao que será
o seu marido, o filósofo polaco Wincenty Lutoslawski. Entre as mulleres
escritoras que coñece figuran Concepción Jimeno Gil, Branca dos Ríos, Sofía
Tartilán, Filomena Dato e Emilia Pardo Bazán.
Despois da voda o matrimonio instálase en Drozdowo,
Polonia. Despois de pasar vinte anos entre as súas dúas patrias decide en instalarse definitivamente en España, ten 43 anos de idade e empeza a ter
problemas de visión. Comeza a colaborar con artigos na prensa. A súa
actividade social é moi intensa pronunciando conferencias . Viaxa con
frecuencia a Polonia para ver ás súas filla. Precisamente durante un destas
viaxes estala a 1ª Guerra Mundial.
Sofía é testemuña dos horrores da guerra e das
dificultades polas que atravesa Polonia, país do que non se reciben noticias en
España e para tal fin faise corresponsal do periódico ABC.
A obra literaria de Sofía Casanova é admirada e
recoñecida en España. En 1906 é elixida membro da Real Academia Galega, en
1.911 entra a formar parte da Academia Española de Poesía e en 1.925. A
Real Academia Galega que a nomea Académica de Honra en 1952 ano que falece.
(Fonte: Almanaque Gallego. 1882, p. 11)
A continuación inclúese unha noticia de prensa na que se recolle como foi o encontro entre Sofía Pérez casanova e o que sería o seu home, Wincenty Lutoslawski: