Sula Repani naceu en Atenas, en 1959, de pais procedentes da illa de Lesvos pero leva moitos anos en Ourense, por tal motivo, podemos considerala dentro do elenco das nosas mulleres ourensás. Estudou na Escola Superior de Belas Artes de Atenas, realizando nos dous últimos anos na mesma Escola un ciclo de pintura bizantina e ao fresco. En 1986 veu a España como bolseira do Estado grego para facer estudos de posgrao. Desde esa data vive en Galicia, afincándose en Ourense. A súa obra atópase en coleccións privadas de Grecia, España, Bélxica, Gran Bretaña e outros países europeos, Nova Zelanda e Estados Unidos. A súa obra tamén se atopa en espazos e edificios públicos de Galicia e Madrid.
Vid: La pasión griega