Carlota tivo un importante papel como impulsora de iniciativas de carácter cultural, sentíndose unida á problemática de Trives.
Cando falece o seu home o 16 de xullo de 1896 (atópase enterrado na Poboa de Trives) ela continúa as iniciativas que o defunto marqués deseñara, isto é, continúa a loita que mantivera Nicanor para lograr que o ferrocarril pasara pola vila. Posteriormente esta preocupación tamén pasou ser da súa filla pero tampouco tivo éxito.
Vid: García Sánchez, F., "A vida política en Trives do Sexenio á II República (1868-1939)", Actas do III Congreso Manuel Luís Acuña, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, 2008, p. 53.