Leonor era considerada unha mestra de grande cultura e exerceu na escola completa de Trives ata o 18 de xuño de 1899 ano en que xubilou por idade.
O matrimonio tivo dous fillos, Eumenio e Pedro. Un deles, Eumenio Ancochea Boscossi, home emprendedor, culto e grande amante de Galicia, marchou de neno a Arxentina e foi un home de acreditada bondade e filantropía.
Desde moi novo afincouse na cidade de Córdoba e formou parte do persoal da casa de comercio de Juan Antonio Gorzón. Foi o fundador e socio principal das casas de maioristas Ancochea, García e Compañía, J. Puigjané. Pero ademais das súas actividades empresariais despregou un grande labor social. Fundou o Hospital Español na cidade de Córdoba de Arxentina inaugurado en 1927 e que contaba con dous pavillóns para os enfermos e salas de operacións. Eumenio surtiuno de medios para o seu funcionamento. Pero non esquecía a súa terra natal. Enviaba desde Arxentina cantidades de diñeiro todos os invernos para mantas e alimentos destinados ás familias que carecían de medios. Mandou construíu un lavadoiro para resgardar ás mulleres cando ían lavar, ensanchou o cemiterio, pero a súa grande obra foi a fundación, en 1924, do Colexio de Santa Leonor, que leva ese nome na honra da súa nai, dotándoo de rendas propias para custear a educación de centenares de nenos e nenas. Foi, realmente, a refundición do centro dos Hermanos de las Escuelas Cristianas que se creara en 1908.
Como este centro estaba a piques de pechar, Eudomino fixo fronte á crise e evitou o peche da institución que tanto ben facía aos nenos e nenas da comarca de Trives. Aumentou o número de clases e construíu un bonito edificio na avenida Santa Leonor de Trives.
(Fonte: Eumenio Ancochea Boscossi. Crónicas da migración)
Vid: García Sánchez, F., "A vida política en Trives do Sexenio á II República (1868-1939)" en Actas do III Congreso Manuel Luís Acuña, Ourense, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, 2008, p. 46;"Deuda ineplazable", La Región, 14 de maio de 1925,. p. 11; "A la memoria de Don Eumenio Ancochea", La Región, 8 de xullo de 1938, p. 2; "Don Eumenio Ancochea Boscossi", La Región, 21 de xullo de 1938, p. 2
Foto: Facebook. (2023). Facebook.com. https://www.facebook.com/concellodapobradetrives/photos/a.308056092717836/1615855081937924/?type=3; La Gaceta de Galicia, 18 de xuño de 1899, p. 1.