Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
Doña Ramona tiña, en 1850, unha academia de ensinanza de Debuxo, Economía doméstica e Francés no primeiro andar do número 6 da Praza Maior.
Vid: Somoza Medina, X., Historia de Ourense, Concello de Ourense, Ourense, 2010, p. 117.