Etiquetas

15 octubre 2012

CARMEN JÉREZ RODRÍGUEZ

Natural da Fervenza (Vilamartín de Valdeorras), pertencente a unha familia marcada pola represión. En 1944 estivo presa en Ourense por colaborar cos guerrilleiros, despois do combate que tivo lugar nesta aldea onde resultou morto un fuxido, Manuel Rodríguez Rodríguez. Era a compañeira de Abelardo Macías, “Liebre”, un guerrilleiro do Bierzo da Federación de Guerrillas León-Galiza. En xullo de 1946 levárona a Rúa-Petín, onde estivo retida dous meses, e despois a Ponferrada. Dez meses despois, en maio de 1947 apareceu o seu cadáver en avanzado estado de xestación nunha cuneta de Montearenas, perto de Ponferrada, un lugar onde foran executados e sepultados moitos republicanos. A coñecida como "Chelo" narraba o impacto que lle produciu a morte de Carmen:
"La Carmen de Fervenza, que asesinaron, éramos muy amigas...No sé como se dejó coger, tan valiente que era...Cuando la mataron, ay, yo pasé...,lo pasé mal. Ella vendía leche a la lechera...Siempre nos veíamos en El Barco...Para aquí...bueno están allí y vienen tal día, o pasan tal día, tal día esto, tal día aquello...Pasaba por unas huertas y venía a mi casa...Bueno, en tal sitio están, puedes ir a verlos...Éramos muy amigas. Ella era la novia de Abelardo...Lo quería mucho, y Abelardo a ella también...Mira como la mataron, violándola todos y de un lado a otro y cuando estaba encinta de cuatro meses la llevan y la matan en el Montearenas"
Vid: Memoria de mulleres. Album de mulleres
Prada Rodríguez, J., "As mulleres e a resistencia antifranquista (1936-1945)", Juana López, J. e Prada Rodríguez, J. (Directores) As mulleres en Galicia no século XX , Ir Indo, Vigo, 2011, p. 194.
Gurriarán, J. A., As mulleres do monte, Vigo, Galaxia, 2015, p. 224-225.