No ano 1939 fai o ingreso na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela e estudará catro cursos licenciándose en 1942.
Como unha gran parte das alumnas universitarios, Julia realiza os estudios pola opción combinada, isto é, uns cursos matricúlase por libre, non asistindo ás clases de maneira presencial, e outros cursos realízaos por oficial. Pensemos que a mentalidade da época aínda non asimilaba que se compartiran espazos de forma mixta. Colexiouse co número 124.
No eido persoal casou con
Ramón Linares que era oficial no Instituto de Previsión, celebrándose a voda na
igrexa da Trindade en maio de 1945.
Dona Julia Bouza rexentaría unha farmacia na rúa Avenida de Buenos Aires, nº 144.
Vid: A.H.U.S., Expediente
persoal de Bouza Iglesias, Julia, Cartapacio 151. Exp. 5; «En el Instituto y Seminario Conciliar. Premio de
ingreso», La Región, 2 de outubro de
1928, p. 8, «Orense», El
Ideal gallego, 9 de maio de 1945, p. 5. (FOTO extraída de :Fleire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p., 192..)
