Para
realizar esta especialidade requiríanse unha serie de condicións: ter cumpridos
20 anos, ser casada ou viúva, ter cursado a primeira ensinanza elemental
completa e ter aprobado as disciplinas seguintes: obstetricia, fenómenos do
parto e sobreparto naturais e os laboriosos, regras para asistir ás
parturientes e paridas e aos nenos, primeiros e urxentes auxilios e maneira de
administrar auga.
Os estudos e prácticas efectuaríanse a porta pechada e en horas distintas dos practicantes. Dita sección autorizouse en Madrid, Barcelona, Granada, Santiago, Sevilla, Valencia e Valladolid. O RD de 10 de agosto de 1904 no seu artigo 13 dicía que para facer a inscrición no primeiro curso de matronas esixíanse estes requisitos: primeiro, ser maior de idade; segundo, certificado de aprobación nunha Escola Normal de mestras, da ensinanza primaria superior; terceiro, autorización do home se fora casada.