Etiquetas

09 abril 2009

LOLA GÁNDARA


Naceu en Celanova en 1942 e tras estudar Dereito, decidiu dedicarse ao ensino e estudou Filosofía e Letras. Foi profesora de Lingua e Literatura Española e directora dun Instituto de Vigo. Publicou varias obras en galego e en castelán. "Una aguja envenenada" "Guárdata de los idus" y "Brumas de octubre". Co seudónimo María Gándara publica a novela histórica Magog gañadora do premio de narrativa García Barros.
Dirixe os anos 1973 e 1979 o grupo de Teatro Martín Códax. En 1976 acude con outros directores e actores galegos á Bienal de Venecia en representación do teatro gallego.

Vid: Zavala, Iris M.(Coord.) Breve historia feminista de la literatura española. Vol. VI; Cultura y diferencia. Pensamiento crítico; Antropos, Barcelona, 2000, p. 258.

No hay comentarios:

Publicar un comentario