Etiquetas

09 abril 2009

MARTA BOBO

Marta Bobo foi unha ximnasta galega nada en Ourense o 18 de marzo de 1966. Debutou con tan só 15 anos nos campionatos mundiais de Munic en 1981 pero o seu maior logro deportivo foi o noveno posto acadado nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles en 1984 converténdose na primeira olímpica española e galega que competía na súa disciplina. Anteriormente fora campioa de España en concurso completo en 1981 e 1983. Era discípula de Ivanka Tchakarova e Emilia Boneva, a que foi adestradora do conxunto español que gañou a medalla de ouro en 1996.
Unha vez retirada da ximnasia profesional traballou en Canadá como monitora, para máis tarde regresar a Galicia para exercer coma profesora de expresión corporal e didáctica da danza do INEF. Tamén é xuíza internacional nas competicións de ximnasia rítmica.