Detivérona e estivo na prisión de O Barco e púxose á disposición do Xulgado Militar de Fuxidos.
O día 24 de marzo de 1941 trasladárona ao cárcere de Ourense coa pena de prisión incondicional por auxilio á rebelión. Tiña 33 anos e estaba solteira.
Mais en abril de 1942 conseguiu ser absolta polo Xuíz Instrutor de Fuxidos e Sonina recobrou a liberdade o día 9 de abril de 1942.
As súas irmás, Josefa e Angustias tamén foron detidas e encarceradas pola mesma causa.
(Fonte: Expediente persoal da reclusa Sonina Real Blanco.. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25117/027..Caixa 25117/027 (4)
(Fonte: Expediente persoal da reclusa Sonina Real Blanco.. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25117/027..Caixa 25117/027 (6).
(Elaboración propia a partir Expediente persoal da reclusa Sonina Real Blanco.. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//25117/027..Caixa 25117/027 )


