Etiquetas

09 enero 2025

PETRA MARTÍNEZ OSORIO

Petra era mestra e foi destinada á escola de Codosedo. E, como moitos mestres e mestras, foi sancionada a raíz dunha acusación ante a Comisión De Depuración. Feitas as peticións de informes acordaron en maio de 1940 a suspensión durante tres meses e traslado forzoso dentro de la provincia con prohibición de solicitar vacante durante dous anos e inhabilitación  para o exercicio de cargos directivos. Dous meses máis tarde, o 16 de xullo, adxudicáronlle o traslado forzoso para a escola de Castromil, en A Mezquita. Isto significaba que tiña que trasladarse a case cen quilómetros a un pobo límite da provincia de Ourense. 

A historia non é tan só relatar feitos o máis obxectivos posibles, pois cando estamos a referirnos a persoas concretas que estiveron en circunstancias moi delicadas, como é o caso de Petra, temos que facer un exercicio importante para poder imaxinar como puideron haberse sentido. Con toda seguridade, o medo e temor irían con eles.

(Fonte: Google Maps. Consultado 19 de outubro de 2024)

Vid: Relación de maestros sancionados en esta provincia. (1940, 8 maio). La Región, p. 3; Información del magisterio. (1940, 16 de xullo). La Región, p. 2.